Home Ancares Evacúan tres nenos e tres adultos por un incendio na súa casa en Baralla

Evacúan tres nenos e tres adultos por un incendio na súa casa en Baralla

0
Evacúan tres nenos e tres adultos por un incendio na súa casa en Baralla
Entrada de urxencias do HULA | EFE

Un total de seis persoas, tres adultos e tres nenos, foron evacuados a un hospital por mor dun incendio orixinado de madrugada nunha vivenda de Baralla. Á primeira hora da mañá, os servizos de emerxencias aínda traballaban no lugar.

Segundo información da que dispón o 112 Galicia, todo comezou ás 5,30 horas, cando a central recibiu a chamada de alerta dunha persoa particular que indicaba que un lume consumía por completo unha vivenda da parroquia de Penarrubia, concretamente no lugar da Revolta.

Así, o 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarrias-061, dos bombeiros de Sarria e dos GES de Becerreá e de Baralla. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil. Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron o traslado de tres adultos e tres nenos ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

+ posts