InicioSucesosUnha quincena de implicados nunha pelexa con navallas e botellas no centro...

Unha quincena de implicados nunha pelexa con navallas e botellas no centro de Lugo

Un mozo de 21 anos foi identificado como suposto autor da agresión a outro rapaz de 30, que recibiu un corte na cara. A parella dun deles foi detida por insultar e empuxar os axentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Cinco patrullas do Corpo Nacional de Policía tiveron que intervir onte, á primeira hora da noite, para acabar cunha pelexa na que estaban a participar unhas quince persoas ás portas dun local hostaleiro na rúa Salvador de Madariaga, en Lugo. Segundas as testemuñas, algúns dos implicados ían armados con coitelos e botellas.

Fontes policiais informaron a Efe de que as cinco patrullas que estaban servizo nese momento foron a iso as 20:00 horas á rúa Salvador de Madariaga, despois de que un veciño alertase do suceso a través do 091.

Unha vez no lugar indicado, as patrullas atopáronse con xente que comezaba a dispersarse e cun mozo duns 30 anos que presentaba un corte na cara. A vítima, que foi trasladada ao HULA para recibir asistencia sanitaria -puntos de sutura para pechar unha ferida de 2,5 centímetros na cara-, identificou o suposto autor da agresión, outro mozo de 21 anos de idade, cuxos datos foron tomados polos axentes para tramitar as correspondentes dilixencias.

Tamén foi detida a noiva dun dos dous rapaces, que comezou a insultar, a increpar e mesmo a empuxar os axentes da Policía Nacional desprazados.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Inaugurada a mostra “Historia Postal de Lugo S. XVIII-XX” no Museo Provincial

O Museo Provincial inaugurou este xoves a mostra “Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”,...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...