InicioSociedadeAs UCI de Lugo quedan libres de Covid, pero case se duplican...

As UCI de Lugo quedan libres de Covid, pero case se duplican os casos diarios

Mellora a situación nos hospitais, con 17 pacientes en planta, mais os positivos activos seguen en aumento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Unidades de Coidados Intensivos (UCI) de Lugo volven quedar sen ningún paciente de coronavirus logo de varias semanas. O Sergas informa de 17 hospitalizacións relacionadas coa Covid-19 na área lucense, pero todas elas en planta (catro no HULA, dez no Hospital da Mariña e tres no de Monforte).

Con todo, a este dato favorable hai que contrapoñer outro que non o é tanto: os novos casos confirmados nas últimas 24 horas case duplican os detectados o día previo. Son, en total, 57 novos diagnósticos (28 máis ca os notificados unha xornada antes).

Segundo o informe remitido pola Consellería de Sanidade, tamén ascenden os casos activos na área sanitaria de Lugo, que xa se sitúan nos 507 (24 máis).

Por outra banda, dende o inicio da pandemia curáronse 6.629 persoas, faleceron 147 e realizáronse 127.325 PCR.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

Carmela López recibe os usuarios de AFAN Burela que participan en ‘Coñece a túa provincia’

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu a benvida este martes no...

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...