InicioSociedadeA provincia de Lugo é unha das que mais novos casos da...

A provincia de Lugo é unha das que mais novos casos da covid rexistra en Galicia

Presentan 50 novos casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en Galicia subiron en 102 na última xornada ata alcanzar os 5.625, pero os hospitalizados reducíronse en 10 e suman 337. Os positivos detectados ascenderon a 441, 180 máis que o día anterior.

Segundo o balance de datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade este mércores, un total de 55 das persoas ingresadas en hospitais galegos atópanse en UCI, unha menos que a xornada anterior.  Nos hospitais de Lugo, A Mariña e Monforte mantéñense como os que suman un menor número de persoas ingresadas, 14, unha máis que o día anterior. Delas, dous están en críticos –unha menos–.

SUBIDA DOS POSITIVOS DIARIOS

Respecto da detección de casos, sumáronse 441 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento de 180 en relación á xornada anterior. Mentres, o número de PCR realizadas situouse en 6.448, o que supón unha subida de 2.567.

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte presenta 50 casos confirmados, o que supón unha repunta de 37.

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que seguen diagnosticadas de COVID-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 102 ata os 5.625. Durante o último día, a área de Lugo aumentou en 33 novos casos activos, situándose en 430.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...