InicioSociedadeBaixan os novos casos de Covid na provincia de Lugo

Baixan os novos casos de Covid na provincia de Lugo

Baixan os casos en toda Galicia pero tamén se fixeron menos PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de novos positivos por coronavirus detectados en Galicia diminuíu en case un cento, ata os 309, nunha xornada na que con todo os pacientes covid ingresados en unidades de coidados intensivos (UCI) sufriron un aumento por segundo día consecutivo e sitúanse en 54. Tamén baixaron as probas PCR realizadas.

Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicada na mañá deste venres, día de Nadal, na páxina web da Consellería de Sanidade, con cifras recollidas ata as 18,00 horas do xoves.

A pesar do aumento na UCI, con tres persoas máis que un día atrás, a cifra total de pacientes hospitalizados na Comunidade galega descendeu considerablemente ata os 319 –18 menos que hai un día–, tendo en conta que baixaron en 21 os que se atopan en planta, que son 265. Na área de Lugo-A Mariña-Monforte continúan 13 hospitalizados, dos que tres están en críticos –sen variacións–.

BAIXAN OS POSITIVOS DIARIOS

En canto á detección de casos, Galicia sumou 309 novos positivos por coronavirus nun día, 85 menos que nas 24 horas previas. Iso si, as PCR realizadas foron 9.972, unha baixada de 641 con respecto á xornada anterior. En Lugo-A Mariña-Monforte houbo 23 novos casos (-11).

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia continúa á alza neste venres de Nadal cun total de 5.754, 99 máis que o mércores, ao superar os novos contaxios ás altas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...