InicioSociedadeDezasete usuarios do asilo de Vilalba reciben a alta tras superar o...

Dezasete usuarios do asilo de Vilalba reciben a alta tras superar o coronavirus

Un total de 29 traballadores deste centro seguen figurando como casos activos de Covid-19

PUBLICADA O

- Advertisement -

A residencia de maiores de Vilalba rexistra quince usuarios enfermos de coronavirus despois de que outros dezasete recibiran a alta médica por curación.

Non obstante, este xeriátrico segue sendo o centro galego con máis positivos entre o cadro de persoal. Segundo datos da Consellería de Política Social, hai un total de 29 traballadores afectados.

No conxunto da comunidade galega, o cómputo de maiores contaxiados descendeu este martes ata os 228 tras falecer onte unha persoa usuaria dun centro pontevedrés e tras darse a alta a 24 pacientes.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...