InicioSucesosCase oitenta denuncias por incumprir as restricións esta fin de semana en...

Case oitenta denuncias por incumprir as restricións esta fin de semana en Lugo

Máis da metade debéronse a non respectar o toque de queda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron a pasada fin de semana, xusto despois da rebaixa de restricións en Lugo, case oitenta denuncias por facer caso omiso ás medidas de prevención fronte ao coronavirus. En concreto, tense constancia de 79 denuncias, 35 delas por incumprir o toque de queda.

Dáse a circunstancia de que o sábado foi o primeiro día, despois dun mes, no que a hostalaría estivo aberta ata as 23:00 horas, dado que nas semanas previas a súa actividade estivo clausurada ou limitada ata as 17:00 horas.

Ademais, os axentes da Policía Local tamén denunciaron a 15 persoas por participar en botellóns, dez delas nunha reunión que se estaba celebrando no adarve da Muralla romana e outras cinco nun encontro na Rúa Río Támoga.

Así mesmo, foron denunciadas outras 14 persoas por reunirse en grupos de máis de seis persoas non conviventes, algo que aínda está prohibido no municipio.

Tamén foron multadas dez persoas que entraron ou saíron do concello de Lugo, aínda pechado perimetralmente, sen unha causa debidamente acreditada para saltarse esa restrición.

Outras tres persoas foron denunciadas por ir sen máscara, unha por fumar na vía pública sen manter a distancia de seguridade e outra máis por faltar ao respecto aos axentes.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...