InicioSociedadeRedúcense os casos activos en Lugo, pero aumentan os pacientes na UCI

Redúcense os casos activos en Lugo, pero aumentan os pacientes na UCI

O Sergas comunica que nas últimas 24 horas se confirmaron 18 novos positivos a través de PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo volve descender e pasa a situarse en 486 (doce menos). Segundo o reconto do Sergas este luns 14 de decembro, tamén minguan os contaxios, ao confirmarse 18 casos novos a través de PCR nas últimas 24 horas.

Asemade, a cifra de hospitalizacións pasa a 27, fronte aos 26 de onte. Porén, a Unidade de Coidados Intensivos do HULA atende agora seis pacientes, cando onte eran só catro.
Por outra banda, no histórico da provincia contabilízanse 139 vítimas mortais, así como 6.013 persoas curadas. Dende o inicio da pandemia realizáronse 113.015 probas PCR na área de Lugo.
+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...