Home A Ulloa Soben as hospitalizacións e os novos casos de coronavirus na área de Lugo

Soben as hospitalizacións e os novos casos de coronavirus na área de Lugo

0
Soben as hospitalizacións e os novos casos de coronavirus na área de Lugo
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo | Páxinas Galegas

Aínda que o total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo segue en descenso, este mércores 9 de decembro rexístrase unha repunta nas hospitalizacións e nos novos positivos detectados. Así, segundo o reconto do Sergas, hai 606 pacientes con infección activa (18 menos ca os contabilizados onte), pero confirmáronse 31 casos novos a través de PCR nas últimas 24 horas (onte foran 16).

Así mesmo, tamén aumentou a presión asistencial,  ao constar 30 hospitalizacións (cinco máis). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende tres pacientes na UCI (+1) e 21 en planta; o da Mariña, dous; e o de Monforte, catro.

No histórico da provincia, contabilízanse 137 vítimas mortais da pandemia. A última foi un nonaxenario da residencia de Vilalba que faleceu no HULA.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.788 pacientes (déronse 47 altas dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 108.268 PCR.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here