Home A Ulloa Estabilízanse os contaxios en Lugo, que tamén rexistra menos casos activos

Estabilízanse os contaxios en Lugo, que tamén rexistra menos casos activos

0
Estabilízanse os contaxios en Lugo, que tamén rexistra menos casos activos
Dúas sanitarias preparan probas PCR/ EP

Segue baixando o total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo: son 771, 17 menos ca os contabilizados onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este luns 7 de decembro. Os casos diarios mantéñense estables, ao confirmarse 28 novos positivos por PCR nas últimas 24 horas, un menos ca o domingo.

Así mesmo, a presión asistencial volve minguar, ao constar 31 hospitalizacións (dúas menos ca onte). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende un paciente na UCI (=) e 24 en planta; o da Mariña, tres; e o de Monforte, outros tres.

No histórico da provincia, contabilízanse 133 vítimas mortais da pandemia. A última foi unha muller de 95 anos que faleceu no HULA.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.579 pacientes (déronse 35 altas dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 107.103 PCR.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here