Home Lugo e contorna Sae adiante por ampla maioría nun referendo cidadán a peonalización dunha rúa de Lugo

Sae adiante por ampla maioría nun referendo cidadán a peonalización dunha rúa de Lugo

0
Sae adiante por ampla maioría nun referendo cidadán a peonalización dunha rúa de Lugo
Rúa Rafael de Vega, onde se acometerá a peonalización da vía / Concello de Lugo

A veciñanza da rúa Rafael de Vega convocou ás urnas a todas ás persoas da contorna para decidir sobre unha posíbel humanización do espazo público na devandita rúa. “Este acto democrático e de participación cidadá trátase do primeiro que se desenvolve en Lugo”, apunta o tenente alcalde, Rubén Arroxo.

Cunha participación do 60%, o resultado desta consulta foi do 54 % afirmativo e o 12 % abstívose, o que permite que Rafael de Vega mude a súa estética e comecen nos vindeiros meses a súa intervención.

Tras is resultados, Rubén Arroxo destacou que “este exercicio democrático pon de relevo que a colaboración de todas e todos é vital para a transformación do Lugo do futuro”. O Tenente de Alcalde explicou que este proxecto de humanización será incluído nos vindeiros orzamentos municipais 2021.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here