InicioSociedadeLugo rexistra o maior incremento de hospitalizados pola Covid de Galicia

Lugo rexistra o maior incremento de hospitalizados pola Covid de Galicia

Con todo, a provincia rexistroun menos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia sumou 277 novos positivos por coronavirus en 24 horas, 60 menos que o día anterior nunha xornada na que se incrementaron en máis dun milleiro (1.292 en total) as probas PCR realizadas cunha taxa de positividade do 4,7%. Por contra, a presión hospitalaria elévase este domingo ao aumentar tanto os hospitalizados en planta como os ingresados en UCI. Deste xeito, hai un total de 406 persoas hospitalizadas –oito máis– con diagnóstico covid nos hospitais galegos, dos cales 64 están en críticos –tres máis que o día anterior–.

Así figura na actualización da situación epidemiolóxica ofrecida pola Consellería de Sanidade na súa páxina web con datos ata as 18,00 horas do sábado. Así, na área de Lugo-A Mariña-Monforte é a que ten menos casos de COVID nos hospitais aínda que presenta, xunto co distrito santiagués, o maior incremento do día con seis pacientes máis hospitalizados. Son agora 32, dos cales só hai unha persoa en críticos.

En canto á evolución no número de casos de covid-19, Galicia sumou en 24 horas un total de 277 positivos, 60 menos que o día anterior respecto ao cal se fixeron máis probas PCR cunha positividade do 4,7%, lixeiramente por baixo do limiar da OMS para dar por controlada a pandemia. En Lugo, houbo 29 casos, dez menos que o día anterior.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...