InicioSociedadePilar de Lara comeza destino en Ponferrada tras cumprir a sanción: "Ano...

Pilar de Lara comeza destino en Ponferrada tras cumprir a sanción: “Ano Novo, vida nova”

Afea que "a prensa unicamente saca as cousas que se tomban, pero non sacan as cousas que saen adiante ou se sae algo sae como diluído".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ex xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo Pilar de Lara confirmou que este mesmo martes incorporarase ao número 8 de Ponferrada, unha vez cumprida a sanción de sete meses e un día que lle impuxo o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) por dilacións indebidas nos seus procesos.

Así, De Lara confesou que este ano lle toca “tomar as uvas aí”, en Ponferrada, porque estará de garda en Noitevella e en Ano Novo”. “Así que nunca mellor dito: Ano Novo, vida nova”, chanceou.

A xa ex xuíza do número 1 de Lugo expresou a súa “satisfacción” despois de 14 anos exercendo na cidade amurallada. “Tiven acertos, tiven erros como todos os xuíces que traballamos e, botando a vista atrás, houbo momentos de bastante amargura. Pero tamén houbo momentos de moita alegría, ilusión, de moito traballo, e de moita recompensa”, resumiu.

Pilar de Lara quérese quedar “cunha valoración positiva”, porque “ata das experiencias negativas hai que sacar unha aprendizaxe”: “Ao final é co que quedo, e logo tamén con todo o agarimo e mostras de afecto que recibín de moita xente”.

“A TODOS OS XUÍCES NOS TOMBARON CAUSAS”

A exjueza do 1, que levou macrocausas como a ‘Carioca’, sobre redes de prostitución, a ‘Pokémon’, sobre corrupción política, ou a ‘Garañón’, sobre corrupción urbanística na cidade de Lugo, está a ver como lle tomban algúns destes procesos co arquivo da causa ou con peticións de penas máis baixas.

Respecto diso, De Lara afeou que “a prensa unicamente saca as cousas que se tomban, pero non sacan as cousas que saen adiante ou se sae algo sae como diluído”. “A todos os xuíces nos tomban causas, revógannos resolucións. Non é algo que pasa exclusivamente comigo, pasa con moitos xuíces e especialmente coas macrocausas”, alegou.

UN PROCESO QUE “TEN QUE SER” GARANTISTA

De feito, segundo insistiu a maxistrada, “se un examina a prensa nacional atoparase como numerosas macrocausas quizá polo batallón de avogados que levan ou porque son causas máis difíciles de tramitar que se están dando para atrás por erros procesuais”.

“É imposible que os xuíces vaiamos por libre, porque detrás de cada decisión dun xuíz adoita haber un informe do Ministerio Fiscal. Ademais, as decisións dos xuíces ao longo de toda a tramitación do procedemento e dentro desta configuración do proceso tan garantista que temos, que ademais ten que ser así, como digo as resolucións están sempre sometidas ao control xurisdicional das instancias superiores”, explicou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...