InicioSucesosDesmantelan un "auténtico laboratorio" de marihuana en Monterroso

Desmantelan un “auténtico laboratorio” de marihuana en Monterroso

A Policía Nacional detivo tres persoas nunha operación iniciada por mor das queixas veciñais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Nacional detiveron a tres persoas tras desmantelar un “auténtico laboratorio” instalado nun domicilio da localidade de Monterroso para producir marihuana, que logo a rede vendía por toda a comarca da Ulloa e en Lugo capital.

Segundo informou a Comisaría Provincial de Lugo, os detidos son dous homes e unha muller, con idades comprendidas entre 25 e 30 anos, un deles con antecedentes policiais por feitos similares.

As investigacións por parte da policía comezaron fai seis meses por mor das queixas dos veciños a raíz do forte cheiro a marihuana que saía do interior da vivenda, así como polo constante ruído do “motor de ventilación” da propia plantación.

Despois de “múltiples vixilancias e seguimento” por parte dos axentes encargados do caso, procedeuse á detención dos tres sospeitosos. Coa correspondente autorización xudicial realizouse un rexistro no seu domicilio, onde os policías comprobaron que “efectivamente tiñan montada unha plantación de marihuana”.

Na vivenda, ademais de plantas de cannabis en diferentes estados de desenvolvemento, tamén interviñeron nove gramos de éxtase, máis de cincocentas doses de marihuana preparadas para a súa venda e 39 gramos de speed, unha “droga considerada de altísimo perigo”. Tamén foi intervida unha máquina de envasar ao baleiro, dúas balanzas de precisión e un microscopio.

Os tres detidos foron postos a disposición xudicial e quedaron en liberdade tras prestar declaración, á espera de xuízo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...