InicioSucesosMultan a dúas persoas que pretendían entrar en Lugo dende A Coruña

Multan a dúas persoas que pretendían entrar en Lugo dende A Coruña

A Policía Local comprobou que non tiñan xustificante que lles permitise saltar o peche perimetral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron dúas persoas que pretendían entrar na cidade, procedentes da provincia da Coruña, a pesar de que o municipio permanece pechado perimetralmente por orde das autoridades sanitarias.

Nun dos filtros instalados pola Policía Local para garantir o cumprimento das medidas decretadas pola Xunta de Galicia, os axentes comprobaron que estas dúas persoas non posuían xustificación que lles permitise entrar en Lugo.

Dáse a circunstancia de que o día anterior, o luns 23 de novembro, a Policía Local xa denunciara outras nove persoas por tentar burlar o peche perimetral da cidade. As persoas denunciadas enfróntanse agora a sancións que van desde os 601 ata os 30.000 euros.

FUMAR SEN DISTANCIA

Ademais, a Policía Local denunciou un home por incumprir a Lei de Saúde de Galicia, ao sorprendelo fumando á entrada do HULA “sen manter a distancia de seguridade interpersoal”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...