Home Lugo e contorna Guntín Falece no HULA unha usuaria da residencia San Salvador (Guntín) que tiña coronavirus

Falece no HULA unha usuaria da residencia San Salvador (Guntín) que tiña coronavirus

0
Falece no HULA unha usuaria da residencia San Salvador (Guntín) que tiña coronavirus
HULA | Grupo San José

Unha muller de 94 anos diagnosticada con coronavirus faleceu este martes 24 de novembro no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo confirman fontes do Sergas. A finada, que tamén padecía patoloxías previas, era usuaria da residencia San Salvador, en Guntín.  

Con este falecemento, a provincia de Lugo xa alcanza as 118 vítimas mortais dende o inicio da pandemia.

En total, Sanidade notificou nove mortes no día de hoxe en Galicia: á parte da muller que finou no HULA, tamén morreron dous no CHUVI (unha procedente de residencia de maiores), tres no CHUAC (un deles só tiña 64 anos), un no CHUS, outro no CHUO e unha persoa no seu domicilio.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here