InicioSociedadeRedúcense os novos casos diarios, pero mantense a presión alta na UCI...

Redúcense os novos casos diarios, pero mantense a presión alta na UCI do HULA

Sete pacientes permanecen na unidade de críticos. Os casos activos baixan ata os 1.097, vinte menos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixa ata os 1.097, 20 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Redúcese tamén o número de contaxios: nas últimas 24 horas confirmáronse 38 novos positivos a través de PCR, fronte aos máis de cincuenta que se detectaron o sábado e o domingo de maneira individual. Non obstante, cómpre ollar estes datos con tino ao ser relativos á fin de semana.

Do total de contaxiados, 48 persoas permanecen hospitalizadas (igual ca onte). O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 26 pacientes en planta e sete na UCI; o da Mariña coida de 8; e o de Monforte, de 7.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 117 falecementos relacionados coa pandemia.  Ademais, ata o momento curáronse 4.713 pacientes e fixéronse 98.051 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 812 probas.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, os positivos diarios experimentaron un novo descenso por terceiro día consecutivo. En concreto, rexístranse baixadas no número de contaxios en todas as áreas agás en Pontevedra. En canto aos casoa activos, sitúanse nos 8.669 (159 menos).

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...