InicioSociedadePilar de Lara, disposta a levar o seu caso ao Tribunal Constitucional...

Pilar de Lara, disposta a levar o seu caso ao Tribunal Constitucional ou a Europa

O recurso presentado ante o Supremo contra o fallo do CXPX está "na última fase". Mentres, a maxistrada está a piques de se incorporar ao seu novo destino en Ponferrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza Pilar de Lara está disposta a chegar ao Constitucional e ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos en contra do fallo do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) que a castigou con sete meses e un día, con perda de destino, por dilacións indebidas nos numerosos procesos xudiciais que levou cando era titular de Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo.

O avogado da xuíza, Agustín Azparren, concretou que “agora” estase na última “fase” do recurso que se presentou no seu día ante o Tribunal Supremo contra a sanción. “Xa fixemos as conclusións todas as partes que están no procedemento e por tanto xa só quedaría que ditase sentencia o Tribunal Supremo. É a parte final do procedemento, poderíannos dar a razón e entón complicaríase bastante a cousa porque [Pilar de Lara] tería que reincorporarse (ao xulgado de Lugo)”, sentenciou.

ATA ESGOTAR AS POSIBILIDADES

No Supremo “acabaríase a vía ordinaria”, pero “no caso de que non se estimase o recurso aínda quedarían dúas vías: un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional e, se non hai máis remedio, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos”.

O avogado de Pilar de Lara refúxiase no argumento de que “un dos aspectos nos que isto se pode atacar de cara ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos é precisamente insitindo en que un xuíz que estaba a investigar casos de corrupción “ao final apartouna do xulgado”. Lembra, neste sentido, que o grupo GRECO do Consello de Europa (grupo de países contra a corrupción) recomendou a España que se tomaran medidas respecto da independencia xudicial, especialmente en casos de corrupción.

DESTINO: PONFERRADA

Nos próximos días Pilar de Lara incorporarase a un xulgado de Ponferrada. De feito, Azparren subliñou que “non” vai tardar “moito” en empezar a exercer alí.

“Está executada a sanción pero iso non quere dicir que, en caso de que se estimase o recurso ou se anulase algún dos recursos que quedarían tería que dar marcha atrás á execución da sanción, devolución do importe económico (os sete meses e un día suspendida de emprego e soldo) e reintegrala no xulgado de Lugo”, resolveu.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...