InicioSociedadePilar de Lara asina o seu cesamento e despídese do seu posto...

Pilar de Lara asina o seu cesamento e despídese do seu posto en Lugo

A xuíza non agardou á resolución do recurso de reposición que presentara o seu avogado, quen dixo sentirse sorprendido pola rapidez dos acontecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ata agora titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, cesou este xoves no seu destino actual, sen esperar ao recurso de reposición que presentara o seu avogado contra a sanción interposta polo CXPX.

O avogado, Agustín Azparren, confirmou o cesamento da xuíza Pilar de Lara, á vez que se mostrou sorprendido de que se levase a cabo con tanto “apremio”. Vinculou esa decisión cunha reunión do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) en Pontevedra.

A propia xuíza asinou o cesamento na mañá deste xoves e recolleu as súas pertenzas do xulgado no que permaneceu durante doce anos, desde a súa chegada en 2007. Unha sanción interposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial por mor de “dilacións indebidas” supuxo a perda de destino desta xuíza. Agora Pilar de Lara deixará de exercer durante sete meses e un día, para despois pasar a concursar para un novo xulgado.

RECURSO

A maxistrada Pilar de Lara Cifuentes presentou ante o Tribunal Supremo un recurso, que probablemente non terá resolución ata dentro dun ano, segundo estimou o seu letrado.

Agora, o novo xuíz ou xuíza terá que facerse cargo das múltiples macrocausas que instruía De Lara. Entre elas,  a ‘Carioca’, a ‘Pokémon’ ou o caso Garañón.

AUTO POKÉMON

Pilar de Lara despídese do seu posto en Lugo un día despois de transcender un auto con data de 23 de xaneiro no que rexeitou a petición de Fiscalía de dividir a parte galega da ‘Operación Pokémon’, aínda que accedeu a inhibirse das pezas que atenden os feitos rexistrados en Cataluña e Baleares.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...