InicioCulturaCinco grupos lucenses musicarán poemas de Lorca

Cinco grupos lucenses musicarán poemas de Lorca

O Concello de Lugo e a USC organizan un programa de actividades arredor da figura do autor granadino para afondar nas súas dúas visitas documentadas á cidade de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Cultura do Concello de Lugo presentou a programación promovida baixo o epígrafe ‘Proxecto Lorca’, que afonda nas dúas visitas documentadas do poeta a Lugo no 1916 e no 1932, e no marco do cal cinco grupos e artistas lucenses musicarán poemas do autor granadino. 

O programa, que conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC), arranca este xoves co relatorio “Os poemas galegos de García Lorca: entre Lugo e Compostela” do editor e escritor Henrique Alvarellos,  estudoso da relación do poeta con Galicia.

O venres, o músico Samuel Diz e o poeta e especialista en Lorca Mario Hernández  colaborarán nunha ponencia  sobre “A universalidade da obra de Federico García Lorca dende unha óptica interdisciplinar: un diálogo entre a música, a  literatura e os debuxos”

Finalmente, o 18 de decembro, os grupos e músicos lucenses que participan no proxecto presentarán composicións inéditas sobre os versos de Lorca. Noelia Geada e David Taboada musicarán “Cantiga do neno da tenda”; Sara Nebra, “Danza da lúa en Santiago”, a banda indie orixinaria de Lugo Infrarroja poralle música a “Romance da Nosa Señora da Barca”; os músicos Quique Muruáis e Luis Monsalve comporán sobre “Nouturno do adolescente morto”; mentras que o dúo Condensadores de Fluzo acompañarán os versos de “Canción de cuna para Rosaía de Castro, morta”.

O repertorio da presentación completarase coa interpretación de “Chove en Santiago” de Carlos Díaz, cunha melodía xa estreada e composta pola Compañía de Teatro USC Lugo.

As actividades desenvolveranse na Casa do Saber, ás 20:30 horas, cun aforo limitado polos protocolos sanitarios para previr o contaxio da Covid 19. Para asistir as actividades cómpre anotarse a través do correo cultura.lugo@usc.es, facilitando o nome completo da persoa asistente, o seu DNI e contacto.  Ademais, as presentacións serán retransmitidas en streaming.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...