InicioSociedadeSoben os casos activos en Lugo aínda que baixa a cifra de...

Soben os casos activos en Lugo aínda que baixa a cifra de novos contaxios

Hai 59 persoas ingresadas, das cales seis permanecen na Unidade de Coidados Intensivos. Ata o momento faleceron 114 persoas na área sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo aumenta ata os 1.071, 29 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas detectáronse 55 novos positivos a través de PCR, polo que o ritmo dos contaxios baixa lixeiramente.

Do total de contaxiados, 59 persoas permanecen hospitalizadas (igual ca onte). O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 33 pacientes en planta e seis na UCI; o da Mariña coida de 14; e o de Monforte, de 6.

Por outra banda, tralas catro mortes que notificou onte Sanidade na provincia de Lugo, a área sanitaria xa alcanza os 114 falecementos relacionados coa pandemia. As últimas mortes das que se tivo constancia foron as de catro mulleres que roldaban os 90 anos; dúas delas procedían de residencias.

Ademais, ata o momento curáronse 4.301 pacientes e fixéronse 93.491 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 822 probas.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega mantense tamén o descenso nos contaxios, cuns 400 confirmados nas últimas 24 horas. Tamén os casos activos baixan a 9.060, medio centenar menos que a xornada anterior.

En canto ás hospitalizacións, rexístranse 609 ingresos (un menos), con 106 persoas na UCI (catro menos).

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...