InicioCulturaOs fanzines toman Lugo a pesar da pandemia

Os fanzines toman Lugo a pesar da pandemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo celebra esta fin de semana o 1º Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha nova proposta cultural enmarcada na programación do concello do último trimestre do ano 2020,e  na que os fanzines son os protagonistas. O coronavirus non foi quen de paralizar este evento que amosa as outras formas de facer contracultura eexplorar e descubrir o traballo artístico de particulares e asociacións.

O punto de encontro principal de VAIA VAIA será o mercadiño de fanzines que se ubicará na rúa Soto Freire, e que contará con 20 artistas. Ao mesmo tempo, organizaranse distintas actividades para abarcar contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais. Tamén se contará con distintas actuacións musicais para completar a programación do evento. “Todas as actividades serán de balde e seguirán os protocolos de prevención que vimos aplicando en todas as actividades culturais para garantir a Cultura Segura”, explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

”Durante dous días Lugo acollerá unha feira do fanzine e da autoedición, unha reunión pública e aberta a todas as persoas interesadas nas publicacións independentes e autoxestionadas”, indicou Maite Ferreiro. “Con esta iniciativa queremos abrazar o amateur e abrir as portas ás creadoras de Lugo que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características”, engadiu.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...