InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaMorre un home de 60 anos de Covid no HULA

Morre un home de 60 anos de Covid no HULA

PUBLICADA O

Galicia superou outro triste récord, e xa varios nos últimos meses. Desta volta, o de falecidos. Xa son máis 1.009 os falecidos tras rexistrarse nas últimas 24 horas outras 21 novas vítimas mortais pola covid. Outra cifra que iguala ás mortes rexistradas hai xusto unha semana, o pasado 2 de novembro. A última xornada que alcanzou estas cifras de falecidos foi o pasado 11 de abril, cando se informou de 23 mortes debido á incidencia da pandemia en Galicia.
Segundo informa a Consellería de Sanidade, “estes falecidos corresponden tamén ao reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizaron tras comprobar que faleceran por covid”. Curiosamente, nos últimos días, o número de mortes facilitado pola Xunta descendera notablemente, entre nove, sete e cinco casos diarios.
O Sergas destaca que houbo falecidos en todas as áreas sanitarias, agás a de Santiago, que este luns saía da lista vermella de concellos. No Hula de Lugo faleceu un home de 60 anos que procedía da residencia Vivienda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada.
+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...