InicioSociedadeBaixan os positivos de Covid na provincia, pero Vilalba entra en alerta...

Baixan os positivos de Covid na provincia, pero Vilalba entra en alerta vermella

Tamén están en alerta vermella Cervo, Lugo, Chantada, Viveiro e Burela

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de municipios en alerta máxima por casos de covid volve situarse este domingo en 50 ao elevarse o grao de aviso nos concellos de Santa Comba, Ponteceso, Vilalba, O Carballiño e Verín, mentres que se rebaixa en Neda, Cangas e Moaña. Isto contrasta co feito de que as áreas sanitarias rexistraron descensos ou estabilizacións na incidencia da COVID-19.

Isto fai que na provincia de Lugo sexan xa seis os municipios en vermello, xa que, ademais de Vilalba, suma a Cervo, Lugo, Chantada, Viveiro e Burela.

A pesar disto, o número de positivos segue baixando en Galicia e tamén en toda a provincia. Así, no país baixan a 541 nun só día, o que supón un descenso con respecto a xornadas pasadas. Esta situación débese a que todas as áreas sanitarias rexistraron descensos ou estabilizacións na incidencia da COVID-19. en Lugo-A Mariña-Monforte, foron 61 os novos positivos, cun descenso de casos activos de 38 persoas.

Con todo, a área de Lugo experimenta un lixeiro incremento nos hospitalizados, que son 51, un máis dos que había no balance do sábado. Catro deles atópanse na UCI –sen cambios– e 47 noutras unidades –uno máis–.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...