InicioDeportesO lucense Fran Vázquez ficha por Basket Zaragoza

O lucense Fran Vázquez ficha por Basket Zaragoza

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pívot lucense Fran Vázquez, de 35 anos e 2.09 metros de estatura, é nova fichaxe de Basket Zaragoza polas dúas vindeiras tempadas. O xogador de Chantada procede de Iberostar Tenerife. Foi o capitán da selección española nos seis partidos da fase clasificatoria para o Mundial 2019 rematados con seis vitorias e o lucense promediou 10.8 puntos, 4.8 rebotes, 1.3 asistencias e 14.5 de valoración. Na pasada tempada,

No seu palmarés, cómpre subliñar unha Copa co Unicaja Málaga en 2005. Co Barça, gañou tres Ligas ACB (2009, 2011 e 2012), tres Copas (2007, 2010 e 2011), unha Euroliga en 2010 e tres Supercopas (2009, 2010 e 2011). Xa no Iberostar Tenerife, conquistou a Basketball Champions League e a Copa Intercontinental en 2017.

Foi integrante do quinteto ideal da ACB en 2009, MVP da Copa en 2010 e líder de tapones e mates da Liga ACB 2013-2014.

Foi elixido no número 11 do draft da NBA en 2005 por Orlando Magic.

Conquistou a prata no Europeo sub 20 coa selección española en 2002.

Segundo Pep Cargol, director deportivo de Basket Zaragoza, Fran Vázquez será a “principal referencia interior” e chega “nun intre de madurez e plenitude no seu xogo”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...