InicioSociedadeÉ o "aprobado xeral" unha solución en tempos de coronavirus?

É o “aprobado xeral” unha solución en tempos de coronavirus?

Docentes de institutos cargan contra unha proposta do Goberno central pensada para que "os pais calen a boca". Aseguran que a medida "sairá cara" aos alumnos: "algúns din que non estudarán porque van titular igual".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Se algo é seguro do ‘curso da covid’ é que será recordado por moito tempo. Tanto polas dificultades vividas -que aínda acaban de dar comezo- como pola tensión que se respira entre docentes e Administración. A fenda que a día de hoxe separa ambos mundos parece agravarse con cada medida anunciada polos executivos galego e español

O último golpe na mesa vén de dalo o Ministerio de Educación. Isabel Celáa, máxima representante da carteira, anunciou o pasado 29 de setembro un decreto-lei para permitir ás CCAA “flexibilizar” os criterios de avaliación para adecualos á situación de pandemia. Na práctica, o texto abre a posibilidade de que o estudantado pase de curso con máis de dúas mateiras supensas.

O anuncio de Celáa -na liña seguida polo Goberno dende a ‘nova normalidade’- non consiste nunha lexislación precisa senón nun xesto para que sexan as comunidades as que escriban a norma. Isto implica que en última instancia será a Xunta a que decida se flexibiliza os criterios da LOMCE. Aínda que -polo de agora- o executivo de Feijóo rexeitou a medida, a tensión segue a medrar entre o profesorado galego, que xa está a ver as posibles consecuencias negativas da noticia. Le toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...