InicioSociedadeSeguen baixando os casos activos en Lugo tras os focos do Incio...

Seguen baixando os casos activos en Lugo tras os focos do Incio e Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou 253 novos positivos por COVID-19 en 24 horas, unha cifra maior aos 209 contaxios notificados o luns. En canto aos casos activos, volveron a aumentar, ata 4.301, tras encadear xornadas de descenso. Con todo, na provincia de Lugo seguen baixando os casos activos.

Segundo os datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade, con cifras actualizadas a última hora do luns, hai 772 casos activos na provincia, 21 menos que o luns.  Deles, 4 están na UCI e 57 hospitalizados en distintos centros de Lugo, A Mariña e Monforte.

En Galicia, o número de persoas curadas aumentou nun día en 211, ata o total de 15.651 desde o inicio da pandemia. Ademais, as mortes subiron en cinco con respecto ao parte ofrecido este luns, polo que as vítimas mortais que deixa o coronavirus na Comunidade son un total de 694.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...