Home Lugo e contorna Lugo Acusan á dirección do Polusa de enganar sobre o foco de contaxio neste centro médico

Acusan á dirección do Polusa de enganar sobre o foco de contaxio neste centro médico

0
Acusan á dirección do Polusa de enganar sobre o foco de contaxio neste centro médico
Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares / EFE

A sección sindical de CCOO-Sanidade no hospital privado Polusa acusa a dirección de «enganar» cos casos de COVID-19 detectados na Unidade do Maior. Mentres que ou centro atribúe os contaxios a unha traballadora que se atopa de baixa desde finais de agosto, Comisións denuncia que non se illou debidamente as persoas contaxiadas.

Segundo a sección sindical de CCOO, aunha traballadora deu positivo o día 25 de agosto, día no que xa non foi traballar e está de baixa médica desde entón. O comité de seguridade e saúde soubo do positivo o día 26 a través de compañeiros e compañeiras da afectada, non pola dirección do centro.

Solicitada a información, o director médico de Polusa comunica mediante correo electrónico o referido positivo e que se realizaron PCR ás persoas residentes na Unidade do Maior, así como aos contactos da traballadora entre o persoal hospitalario. O resultado das probas foi de tres positivos, todos na Unidade do Maior e ningún entre o persoal.

Con estes datos, o comité de seguridade e saúde instou a illar os doentes noutra planta do hospital e que fosen tratados por persoal exclusivo, xa que constituiría un risco que os profesionais que atendesen estes casos se desprazasen polo centro ás habitacións doutras persoas residentes.

A dirección de Polusa, segundo CCOO, non atendeu esta petición e, a día 4 de setembro, xa había oito positivos, que ascenderían a dez un día despois. Novamente, o comité de seguridade e saúde soubo destes casos a través de compañeiros e compañeiras do hospital, non por parte da dirección do centro.

ACUSACIÓNS INFUNDADAS

O pasado venres, o comité de seguridade e saúde volveu esixir un illamento axeitado dos casos positivos e a cargo de persoal exclusivo, sen contacto con ningún outro residente ou doente. Nestas circunstancias, CCOO coida «inaceptable» que se pretenda acusar dos contaxios a unha traballadora que xa levaba semana e media de baixa médica.

Segundo a información de que dispón CCOO, a día de hoxe hai outros dous casos positivos de COVID-19 entre o persoal de Polusa, traballadores que «pagaron do seu peto» as probas PCR, xa que non foron considerados persoal de risco por parte da dirección.

Por último, CCOO informa de que o comité de seguridade e saúde de Polusa «xa puxo os feitos en coñecemento das Autoridades». «Oxalá non teñamos que lamentar ningunha perda», insisten desde o sindicato.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here