InicioSociedadeUnha aldea rural de Lugo, escenario para fortalecer a alianza entre as...

Unha aldea rural de Lugo, escenario para fortalecer a alianza entre as mulleres con discapacidade intelectual

Con este encontro, FADEMGA pretende promover novos vínculos e alianzas entre mulleres nun ambiente lúdico e formativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A aldea do Mazo acollerá un encontro entre mulleres con discapacidade intelectual do 24 ao 26 de setembro organizado por FADEMGA, a través do cal preténdese promover novos vínculos e alianzas entre mulleres nun ambiente formativo e lúdico. O escenario tampouco é casual: unha contorna natural coa que se reinvidicara a necesidade de visualizar ás mulleres do rural.

O acto principal terá lugar o día 26 coa presentación da nova curtametraxe da Federación “Lilith”, unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, a intolerancia e o sufrimento das mulleres con discapacidade intelectual. Centrado no implícito por enriba do explícito, trataranse temas como a maternidade, a culpa, a infantilización a sexualidade ou o decoñecemento social que hai cara a discapacidade intelectual.

O programa tamén contará cunha mesa redonda sobre as mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural, obradoiros de expresión corporal e artística e novos retos que están por vir. A inscrición para participar neste encontro permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de setembro e deberá enviarse cumprimentada a areasocial@fademga.org.

ÚLTIMAS

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...

Xuízo Cristina Cabo: O acusado mantén a súa versión na última xornada do xuízo

O acusado da morte da lucense Cristina Cabo Buján, J.O.V.S., mantivo a súa versión...

A escola Semente organiza o seu campamento de verán coa cultura galega e a natureza como protagonistas

O campamento de verán da escola Semente de Lugo terá lugar do 23 de xuño ao...

O veto a dúas edilas do PP na Milagrosa provoca a escisión na Federación Veciñal ‘Lucus Augusti’

Máis dunha ducia de asociacións de veciños formalizaron este martes a súa baixa da...