InicioSociedadeTres persoas morren por coronavirus, dúas delas no HULA

Tres persoas morren por coronavirus, dúas delas no HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas faleceron nas últimas horas en centros hospitalarios galegos diagnosticadas con COVID-19, aínda que dous delas procedían da residencia de maiores do Incio. Deste xeito, a cifra total de mortos desde que comezou a pandemia ascende a 659 en Galicia.

En concreto, a Consellería de Sanidade informou do falecemento de tres mulleres de 82, 86 e 87 anos, respectivamente, que se atopaban hospitalizadas no Hospital Lucus Augusti (HULA).En todos os casos presentaban patoloxías previas, sinalaron as mesmas fontes.

Dous das falecidas procedían da residencia do Incio, intervida pola Xunta e que rexistra un brote con máis dun centenar de afectados. Con este tres decesos, son xa 14 os mortos relacionados con este foco.

As mortes con COVID-19 han ido subindo nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contagios na Comunidade galega. Desde a ‘nova normalidade’ notificáronse un total de 39 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...