InicioSociedadeMáis de 300 contaxiados na provincia tras 26 novos casos

Máis de 300 contaxiados na provincia tras 26 novos casos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID-19 en Lugo, igual que en Galicia, non paran de subir. De feito, en todo o país están xa en 2.306 este domingo, o que supón 158 máis que este sábado, de acordo co último parte da Consellería de Sanidade. Unha espectacular suba que se deu, especialmente, na última semana. A metade dos pacientes que teñen actualmente o virus concéntranse na área sanitaria da Coruña-Cee.

Todas as áreas experimentan incrementos este domingo e os máis destacados en números absolutos son os de Santiago, que suma 40 e chega a 212, e A Coruña, que sobe en 40 e alcanza un total de 1.207 contaxios activos. Esta última área representa o 52,3 por cento dos 2.306 casos activos, aínda que o seu peso no total baixou nos últimos días.

A área de Lugo ten 304 casos activos, que son 26 máis que hai 24 horas, e a de Ourense sitúase en 203 –oito máis que o sábado–; mentres que Vigo ten 154 –11 máis–; en Pontevedra constan 120 –24 máis–; e en Ferrol son 106 –nove máis–.

De acordo coa última actualización dos datos, en Galicia morreron 632 persoas coa enfermidade, tras o catro falecementos coñecidos o sábado –dúas mulleres nun hospital da Coruña, un home na residencia Orpea de Culleredo e outro usuario da residencia do Incio cuxa defunción se produciu no hospital de Lugo–. Polo momento, na Comunidade curáronse 11.889 persoas, que son 74 máis que hai 24 horas, e realizáronse 302.859 PCR, que son 3.837 máis que o sábado.

ÚLTIMAS

José Tomé visita o Centro de Galicia de Buenos Aires, a “auténtica casa da colectividade” en Arxentina

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, percorreu este luns o histórico...

Lugo acusa á Xunta de deixamento no control do xabaril e da velutina

O Concello de Lugo denunciou que o control de pragas levado a cabo pola...

Ferido un condutor que circulaba en sentido contrario pola A-6 ao chocar cun microbús en Guitiriz

Un condutor resultou ferido na madrugada deste domingo tras circular en sentido contrario pola...

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...