InicioSociedadeA CIG denuncia o caos no Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da...

A CIG denuncia o caos no Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo

O Concello de Lugo presentou unha bolsa de emprego que remata o vindeiro 21 de agosto, polo tanto o rexistro vése colapsado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG-Autonómica quere denunciar a situación de caos que se está producindo estes días no Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Esta situación que se dá neste departamento do edificio administrativo vén dada por moitas razóns pero unha das fundamentais, din, é “a falta dun criterio minimamente unificado” na aplicación dos protocolos COVID-19 por parte das administracións.

O Concello de Lugo presentou solicitudes para inscribirse nunha bolsa de emprego para substitucións en diferentes categorías profesionais, o prazo acaba o vindeiro venres día 21. O importante número de solicitudes que hai día a día fai que os rexistros se vexan colapsados.

Ao rexistro do Concello de Lugo só se pode acceder con cita previa para poder cumprir cos protocolos esixidos polas autoridades sanitarias, segundo indica o Concello. Estes protocolos fan que cando a cidadanía solicita cita previa e, debido á inxente cantidade de solicitudes, esta cita se conceda en datas posteriores ao peche do prazo de presentación de solicitudes das bolsas de traballo ofertadas. É por isto polo que a cidadanía acude en masa ao Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo e neste punto é onde se están a producir excesos de carga de traballo, colas sen fin e situacións de tensión entre cidadanía e persoal do rexistro.

Por esta razón e ante a situación vivida, a CIG-Autonómica quere “pedirlle ás administracións en xeral, que teñan un mínimo de sensibilidade coas persoas administradas que perden o seu tempo en ringleiras que son anacrónicas nunha administración do século XXI que presume de moderna e eficaz e, asemade á Xunta de Galicia que respecte o traballo do seu persoal e garanta un mínimo de organización sen caer sempre na improvisación coa tranquilidade de contar cun persoal tan competente e profesional que ten que sacarlle sempre as castañas do lume á habitual incompetente xestión política”.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...