InicioSociedadeIncautada unha pistola e unha arma branca "de grandes dimensións" a un...

Incautada unha pistola e unha arma branca “de grandes dimensións” a un veciño de Antas de Ulla

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño da provincia de Lugo tras sorprendido nas proximidades de Pontevedra cando viaxaba cun arma de fogo ilegal no interior do vehículo a pesar de carecer de licenza para ela.

Segundo informou o Instituto Armado, esta persoa foi detectada o pasado sábado pola noite, sobre as 23m30 horas, cando conducía un vehículo sen iluminación posterior pola estrada N-541, á altura da parroquia de Bora, no municipio de Pontevedra.

Minutos despois, relataron as mesmas fontes, o vehículo foi interceptado á altura da localidade de Viascón co obxecto de “informar o condutor do perigo que supuña para a seguridade viaria circular nesas deficientes condicións de visibilidade”.

Ao proceder á identificación do condutor e “ante o estado de nerviosismo que mostraba”, subliñou a Benemérita, procedeuse ao rexistro do vehículo. Así, no asento do copiloto localizouse unha mochila onde levaba unha pistola, supostamente de lume real, cargada con cinco cartuchos.

O condutor e único ocupante do vehículo, que resultou ser un veciño da localidade de Antas de Ulla de 62 anos e sen antecedentes policiais, foi detido por un suposto delito de tenencia ilícita de armas por carecer de licenza. Do mesmo xeito, no vehículo localizouse unha arma branca “de considerables dimensións”, destacou a Garda Civil, que tamén foi intervida.

As dilixencias e o detido foron entregados no Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...