InicioCulturaLugo impulsa a vía Küning, unha variante do camiño da Santiago aínda...

Lugo impulsa a vía Küning, unha variante do camiño da Santiago aínda por coñecer

O Concello anuncia que os peregrinos desa vía poderán selar a credencial nas instalacións do Concello na Praza Maior desde o 15 de agosto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Foi a finais do século XV cando o monxe alemán Hermann Küning describiu nunha obra dedicada ó Camiño de Santiago unha vía alternativa ó Camiño Francés que pasaba por Pedrafita. Logo da loita de varios concellos para impulsar a investigación e a promoción desta ruta, o consistorio lucense vén de dar un novo paso de cara á popularización dunha ruta á que aínda rodean moitas sombras.

Segundo apuntan dende o Concello, a partir deste sábado 15 de agosto os peregrinos que percorran o camiño a Compostela pola Vía Küning poderán selar as súas credencias nas instalacións do consistorio, situadas na Praza Maior. “Só deberán solicitalo á entrada da casa consistorial, de 8.30 a 15.00 horas en horario de verán”, destacan. O Goberno de Lara Méndez aproveitou o anuncio para destacar o seu compromiso coa “posta en valor” da ruta e expresas que está a traballar na súa sinalización do camiño ao seu paso polo concello. En concreto, subliñan, serán instaladas 43 placas indicadoras, un proceso que tiñan intención de completar antes pero que se viu ralentizado pola pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...