O Club Baloncesto Breogán S.A.D. é oficialmente club ACB e competirá na Liga Endesa 2018-2019, segundo confirmou a asemblea xeral da ACB (Asociación de Clubes de Baloncesto) este mediodía. O Breogán acadou o ascenso deportivo o pasado 13 de abril despois de ser campión da liga regular da LEB Ouro.
O club lucense é o duodécimo con máis partidos na máxima categoría con 604 encontros en ACB e 156 en Liga Nacional.
O Breogán volve á ACB doce anos despois tralo descenso en 2006.
A ACB tamén confirmou a Bàsquet Manresa como club de Liga Endesa.
Natxo Lezkano continúa como primeiro adestrador. Entre os xogadores, teñen contrato os bases Christian Díaz e Ricardo Úriz, que renovou o pasado 6 de xullo; os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco; así como os pívots Matt Stainbrook e Herve Kabasele.
[…] Quique Fraga é o novo director deportivo do Club Baloncesto Breogán, segundo confirmou Suso Lázare, presidente breoganista, en rolda de prensa. O Breogán xogará na Liga ACB a vindeira tempada trala confirmación da asemblea da Asociación de … […]
[…] Club Baloncesto Breogán confirmou a renovación do pívot bosnio Emir Sulejmanovic, que xogará cedido polo Baloncesto […]
[…] aleiro Johan Löfberg é a terceira renovación do Club Baloncesto Breogán de cara a vindeira tempada na Liga ACB. O internacional sueco, de 23 anos e 1.99 metros de […]
[…] Club Baloncesto Breogán anunciou a fichaxe do pívot ucraniano Volodymyr Gerun para a vindeira tempada en ACB. Procede do […]
[…] Breogán comezou a realizar as revisións médicas aos xogadores de cara a vindeira tempada en Liga ACB. O pívot holandés Henk Norel foi o primeiro en efectuar as pertinentes probas, que efectúanse no […]