InicioCulturaAurora & The Betrayers: “O Blues Museum fala da raíz da música”

Aurora & The Betrayers: “O Blues Museum fala da raíz da música”

A cantante de Aurora & The Betrayers repasa os seus inicios no blues, a formación do grupo e o que agarda deste festival

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aurora García pon a voz a Aurora & The Betrayers, garantía dunha apertura de nivel para o festival Blues Museum de Lugo. A partir das 21.30 deste venres 20 de xullo, este grupo nado en 2014 presentará na Praza da Soidade o repertorio do seu terceiro álbum, o traballo máis persoal ata o de agora. Quen diría, cando se coñeceron, que chegarían ata aquí.

En que momento entra o blues na túa vida?

Para min foi cando comecei a ter contacto coa música, cando era adolescente. Todos escoitamos blues algunha vez, nalgunha película, pero cando comezo a ter conciencia é na adolescencia, coa miña primeira banda. Tocabamos punk, rock… e comecei a investigar. Despois do rock coñecín o blues, curiosamente, e a partir de aí investiguei xéneros e subxéneros.

Como foi o momento en que comezaches a cantar?

Cantei toda a vida, dende que era moi pequena estaba todo o día cantando. Non tiña conciencia de que puidese facelo profesionalmente, a música estremecíame en xeral; dende a música dun anuncio, ás películas ou á radio. Cando comecei a adolescencia, con 14 ou 15 anos, o meu irmán maior díxome que por que non cantaba na súa banda.

Eu sabía que cantaba pero non me vía capaz de facer grandes cousas. E foi o primeiro día en que me metín nun local de ensaio, collín unha guitarra e púxenme a cantar cun micrófono cando me decatei de que era o que quería.

En que circunstancias xorde Aurora & The Betrayers?

En circunstancias curiosas. A día de hoxe mantemos o selo Sete Pulgadas Records, o noso propio selo. Cando lles coñecín, eles adicábanse a producir cancións con diferentes artistas. A min chamáronme para grabar un par de cancións, non os coñecía. Eu dixen que por que non, eu sempre gostei de cantar con quen sexa, aprender de todo.

Grabei dúas cancións de estudo con eles. Eu daquela estaba con Freedonia, a miña anterior banda, e por cuestións persoais e profesionais saín. Foi así como falei con Sete Pulgadas, os que agora son The Betrayers, para preguntarlles se querían montar un proxecto conxunto.

E así naceu Aurora & The Betrayers, curioso, porque non nos coñeciamos de nada. Meterte nun proxecto destas dimensións sen coñecer a ninguén era lanzarse ao abismo, a ver que pasaba. E fíxate.

A nivel de estilo e influencias, que aporta cada integrante do grupo?

Fomos todos acercándonos no concepto de Aurora & The Betrayers, pero é algo que leva e levará tempo. Somos catro os orixinais que creamos a banda e seguimos aí: Martín, Jose, Víctor (o noso manager) e mais eu.

Martín é o que máis aporta o concepto da producción, sempre é o que máis coñecementos e capacidade ten para abstraerse cando as cancións nin sequera están feitas, é o máis afouto dende o punto de vista compositivo. Arrisca máis, que está máis en contacto con sonidos actuais e é o que máis investiga. Jose, o guitarrista, é máis clásico, tira de recursos do rock do garaxe. Eu sempre tiven o toque máis soul. E entre todos tentamos acercarnos, é inevitable que teñamos cada un as súas influencias.

Este venres estreádesvos xunto a grupos cunha traxectoria máis longa, como son os Travellin Brothers e The Cyborgs. A mestura de estilos é unha declaración de intencións do Blues Museum. Como é este festival con respecto a outros nos que estivésedes?

É un festival que fala da raíz da música que tocamos hoxe en día. Todo vén de aí, o rock, o pop, todos os estilos. Gústame, é un festival que dá opotunidades a diferentes estilos, malia chamarse festival de blues. Non é un festival de blues ao uso, basicamente porque entón terías que chamar a bandas de fóra, porque pouco blues se fai en España. Gosto da aposta, a verdade.

Xa estivestes con anterioridade en Lugo. Que imaxe tedes da cidade?

A verdade é que somos amantes de Galicia enteira, de arriba a abaixo. Fomos menos do que quereriamos, pero semella que ultimamente estamos enganchando mellor e encántanos que, podemos dicilo, é un dos lugares onde máis discos vendemos nos concertos. A xente escoita, é melómana, crítica no bo senso, iso é o que nos gusta do público galego, que sempre nos trata xenial. Namorados de Galicia.

Védesvos repetindo este festival Blues Museum?

Home claro! Sempre que o público e os organizadores así o queiran, alí estaremos. Trátase de ter un espazo entre bandas xeniais, nun escenario xenial e un bo público… aló que imos, claro que si.

ÚLTIMAS

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...

Ferida unha persoa en Begonte tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada

Unha persoa resultou ferida tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada...

Ferida unha persoa ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na súa vivenda en Monterroso

Unha persoa resultou ferida ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na campá extractora...

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que "nas próximas semanas" abrirá o...