InicioSociedadeLugo non se salva da gran subida de contaxios da Covid que...

Lugo non se salva da gran subida de contaxios da Covid que afecta a toda Galicia

Logo duns días de baixadas, este sábado hai sete casos máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia disparouse este sábado, ata situarse en 533, o que supón un aumento de 89 con respecto ás cifras deste venres. O país rexistra, deste xeito, o seu décimo sexto día consecutivo de aumentos. Un incremento que tamén se rexistra en Lugo, a pesar de varios días de descensos.

Todas as áreas sanitarias rexistraron alzas, a máis marcada a da Coruña-Cee, con 69 casos activos máis e un total que se sitúa en 246, de acordo cos últimos datos da Consellería de Sanidade.

Precisamente, este sábado entraron en vigor unha serie de restricións que afectan a esta área sanitaria e son máis estritas, con medidas como o peche do lecer nocturno e reunións limitadas a 10 persoas, na comarca da Coruña, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo.

Galicia rexistrou este venres o primeiro falecemento dunha paciente con COVID-19 en case dous meses –o anterior produciuse o 10 de xuño–, o dunha muller de 91 anos que estaba ingresada en Ourense, o que eleva o total de mortos a 620.

As cifras soben en todas as áreas sanitarias e, do total de casos activos, 81 corresponden á de Vigo –tres máis que o venres–; 79, á de Lugo –sete máis–; 44, á de Pontevedra –un máis–; 40, á de Santiago –cinco máis–; 37, á de Ourense –tres máis–; e seis, á de Ferrol –uno máis–.

Hai un paciente máis ingresado na UCI e o total sitúase en tres, mentres que os ingresos en planta en hospitais son 25 –catro máis que este venres– e hai 505 persoas en seguimento domiciliario –84 máis que no parte anterior–.

Os datos de Sanidade mostran que, ata o momento, curáronse 11.403 persoas, 22 máis das que constaban este venres, e realizáronse 262.510 PCR, un total de 1.725 máis que onte.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...