InicioSociedadeOutros sete viandantes foron denunciados en Lugo por non levar máscara

Outros sete viandantes foron denunciados en Lugo por non levar máscara

A Policía Local tramitou expediente a 14 persoas por este motivo en tan só dous días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Policía Local de Lugo denunciou onte outras sete persoas na cidade por non facer uso da máscara na vía pública sen un motivo xustificado. Desta maneira, en tan só os dous primeiros días de xullo, os axentes tramitaron 14 denuncias a lucenses por esta cuestión.

Segundo informa o propio corpo de seguridade, onte despregaron un “dispositivo para o control do uso de máscaras” por parte dos viandantes. Lembran que a norma autonómica establece o obrigatoriedade da mesma tanto para transitar pola rúa -cando non se poida garantir a distancia de seguridade- como nos espazos pechados de uso público.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...