InicioEconomíaO Concello de Lugo publica a lista provisoria dos 3.378 beneficiarios do...

O Concello de Lugo publica a lista provisoria dos 3.378 beneficiarios do Plan Reanima

Esa cifra correspóndese co 96,5% das solicitudes presentadas nesta convocatoria de axudas para traballadores e autónomos afectados pola crise do coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un total de 3.378 autónomos, microempresas, pemes e familias do concello de Lugo beneficiaranse das axudas incluídas no Plan Reanima, deseñado para evitar as consecuencias económicas da redución “drástica” de ingresos provocada pola crise do coronavirus.

Segundo explicou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, as solicitudes aprobadas “supoñen o 96,5% das presentadas“. Outras 122 foron “desestimadas” por non cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, sinalou na comparecencia, na que estivo acompañada polos edís da área de Desenvolvemento Local Sostible, Álvaro Santos e Mauricio Repetto.

As listas provisionais de beneficiarios serán publicadas durante a tarde deste xoves 11 e, con iso, quedará aberto un prazo de 5 días para presentar alegacións ou achegar documentación.

Dos cinco millóns de euros habilitados polo Concello de Lugo para o Plan Reanima, esas axudas implican  un total de 2.966.400 euros, concedidas para “o impulso económico e de protección do emprego” e para “apoiar a conciliación da vida laboral e familiar”.

OUTRA LIÑA DE AXUDAS

Agora, precisou a alcaldesa, o goberno local contactará cos sectores produtivos para pechar con eles unha nova liña de axudas, en función das “súas necesidades nesta fase de reactivación económica”. Ese programa municipal de apoio contará cun orzamento de 2 millóns de euros.

Así son as axudas do Concello de Lugo para pemes, autónomos e traballadores

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...