InicioSociedadeA área de Lugo volve quedar cun único paciente ingresado por coronavirus

A área de Lugo volve quedar cun único paciente ingresado por coronavirus

Os casos activos baixan ata os 33, catro menos ca os rexistrados o pasado venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra un novo descenso no cómputo total de casos activos por coronavirus. Segundo a Consellería de Sanidade, este sábado 6 de xuño cóntanse 33 positivos, catro menos ca no día de onte.

Volve haber cambios nos hospitais, ao reducirse o número de persoas ingresadas no HULA. Os datos oficiais amosaban onte dúas hospitalizacións en planta, pero hoxe Sanidade volve informar dun único paciente ingresado.  Outras 32 persoas (-3) están a recibir atención hospitalaria a domicilio.

Por outra parte, a pandemia deixou 28 mortes en Lugo ata o momento, mentres que as curacións soben ata as 896.

GALICIA

Na comunidade galega, o Sergas informa de 542 casos, o que supón unha baixada de 21 respecto dos rexistrados o pasado venres. Só unha persoa afectada pola COVID-19 permanece na UCI e 26 están hospitalizadas en planta.

Galicia rexistrou 618 falecementos relacionados co coronavirus e un total de 10.221 persoas recuperadas.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...