InicioMovementos sociaisUn xeonllo no chan en repulsa do racismo

Un xeonllo no chan en repulsa do racismo

Representantes do BNG reuníronse con persoas da comunidade dominicana de Lugo e expresaron o seu apoio á loita contra calquera discriminación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes e militantes do BNG da comarca de Lugo mantiveron onte, 3 de xuño, unha xuntanza con integrantes da comunidade dominicana na cidade e trasladáronlles o seu “apoio na loita contra todo tipo de discriminación”.

Durante o encontro realizouse un acto simbólico, ao poñeren un xeonllo sobre o chan. Este xesto é xa unha icona a nivel internacional dentro do movemento ‘Black Lives Matter’, un aceso utilizado por miles de cidadáns e personalidades como signo de rexeitamento ao racismo.

O racismo non só está nos Estados Unidos de América, malia ser este estado un gran exemplo de xenofobia institucionalizada”, afirmou Olalla Rodil, parlamentaria do BNG e candidata por Lugo.  Rodil expresou a “solidariedade internacionalista” do BNG con todas esas persoas que “están a loitar pola xustiza e pola liberdade”. Aposta, pois, por “abrir un tempo novo” e facer avanzar a Galicia cara a unha sociedade igualitaria que “deixe atrás o racismo e o fascismo”.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...