InicioOpiniónDiario da desescalada: botar de menos o confinamento?

Diario da desescalada: botar de menos o confinamento?

"A normalidade non se me antoxa nada interesante e a nova normalidade tampouco. Parece que se trata de non saír nunca da zona de confort ou de non querer evolucionar ou cambiar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández |  Isto de ir desescalando ten o seu aquel, cando antes non escalamos. A desescalada vainos liberando pouco a pouco do encerro e por momentos dá esa falsa sensación de liberdade. Liberdade para camiñar cara a nova normalidade. Máis dunha persoa díxome que botaba en falta o confinamento e nalgúns momentos non me sorprende.

O coronavirus está sendo unha lección constante de humildade que non parece que queiramos entender. A sociedade busca respostas e solucións inmediatas para seguir facendo o que facía e tal como o facía.

Quérese volver á normalidade, pero seguimos sabendo pouco da COVID-19, porque cada día se transmite dunha maneira distinta, cada día desdise o que se dixo a semana anterior e espérase con estrés unha vacina como única solución para sentir que xa non hai perigo. A vacina sería a garantía total nunha sociedade que sempre quere garantías e solucións que lle veñan dadas. E aí debería de estar a OMS, organismo que ensina cada día a súa incapacidade e que precisa dunha reinvención urxente que demostre en que se invirten os cartos neste mundo.

Podes ler o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...