InicioSociedadeUn bebé faleceu no centro de saúde de Vilalba tras unha parada...

Un bebé faleceu no centro de saúde de Vilalba tras unha parada cardiorrespiratoria

A nai levou a nena, de pouco máis dun ano, ata as instalacións sanitarias, onde tentaron reanimala, sen éxito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Unha nena, un bebé de pouco máis dun ano, faleceu onte no centro de saúde de Vilalba, despois de que a súa nai a achegase ás instalacións sanitarias da localidade en estado moi grave, en parada cardiorrespiratoria.

Segundo informa na súa edición deste martes o diario El Progreso, este suceso produciuse sobre as dúas da tarde, cando a nai da menor se presentou no Centro de Saúde da localidade para pedir axuda.

Os médicos e sanitarios que estaban nese momento no centro trataron de reanimar a nena e mesmo se mobilizou a unha ambulancia medicalizada para trasladala ao hospital, pero ao final só puideron certificar o seu falecemento. Ata o lugar trasladouse a xuíza de Vilalba para proceder ao levantamento do cadáver.

Á espera de que a autopsia determine a causa da morte, os primeiros indicios apuntan a que o deceso se produciu por motivos naturais.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...