InicioMedioambiente e PatrimonioA economía sostible ten as miras postas na Serra do Xistral

A economía sostible ten as miras postas na Serra do Xistral

Dúas universidades galegas, Deputación e UE colaboran no 'Life in Commom Land', un programa pioneiro para o desenvolvemento en zonas rurais de especial protección

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este sábado Muras acollerá a presentación dun proxecto pioneiro a nivel europeo. A Escola Unitaria de Viveiró será escenario da primeira xornada formativa sobre os Servizos ecosistémicos da Serra do Xistral. Novas posibilidades de uso e conservación. Esta actividade vai integrada no proxecto Life in Common Land, posto en marcha polas universidades da Coruña e Compostela, co auspicio da Deputación e a Unión Europea.

Será unha xornada que a celebrar en horario de mañá e tarde, dende as 11.00 horas ata as 14.00 horas, nas que haberá unha viaxe por este espazo natural e, de 16.00 a 20.00 horas, presentarase o proxecto europeo de conservación e aproveitamento de entornos naturais sensibles, e haberá conferencias sobre produción de mel ou de turismo e natureza. 

A iniciativa foi promovida pola Deputación, co indispensable concurso da USC e da UDC, para demostrar que é compatible o desenvolvemento socioeconómico e sostible de zonas rurais catalogadas de especial protección, que contan con restricións lexislativas en canto ao seu emprego, aproveitamento ou coidado. O proxecto conta tamén coa participación directa dos propietarios das Comunidades de Montes Veciñais en man común na Serra do Xistral.

Serra do Xistral | Xunta de Galicia
Serra do Xistral | Xunta de Galicia

É un novidoso programa, dotado de 2 millóns de euros, dos que a Deputación achega 212.000 euros; a USC, 198.000 euros; a UdC, 100.000; e a Unión Europea 1,4 millóns de euros. A idea é que sexan os usuarios e propietarios os encargados de executar as medidas plantexadas. De acadaren os obxectivos fixados, recibirán compensacións económicas, o que convertería ás institucións implicadas nas primeiras en España en premiar o desenvolvemento sostible.

Este modelo está en marcha noutros países da Unión, coma Francia, para combater o despoboamento e coidar do medio ambiente. Life in Commom Land ten un duración de 5 anos, lustro durante o cal será implantado nun espazo de 5.000 hectáreas, que abranguerán os concellos de Abadín, Muras, O Valadouro, Ourol e Viveiro

As zonas de especial protección, como a Serra do Xistral, que é Rede Natura 2000, contemplan certas limitacións de uso e aproveitamento do territorio, que veñen impostas pola normativa vixente. O obxectivo é mellorar a produción gandeira e forestal a través da implantación de modelos de aproveitamento baseados nas experiencias dos usuarios dos montes; axilizar trámites e aspectos administrativos logo de ter establecidos novos esquemas produtivos; e conservar o rural e dotalo de oportunidades.

Consulta o programa aquí

Inscricións no 982 500 001 ou en lifexistral@udc.es

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...