InicioSociedadeLugo modificará os espazos públicos para ampliar as terrazas dos bares

Lugo modificará os espazos públicos para ampliar as terrazas dos bares

O Concello valorará a utilización de zonas de aparcamento ou de prazas grandes, como a de Augas Férreas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe no transcurso da reunión da Comisión de Tráfico municipal que o goberno local está a traballar nunha modificación dos espazos públicos da cidade para permitir que o sector da hostalería poida ampliar as súas terrazas.

Entre outras medidas, o Concello de Lugo estuda permitir a ampliación das terrazas naquelas zonas peonís que así o permitan, ademais de realizar un estudo sobre as rúas que se poderían cortar ao tráfico para crear novos espazos de paseo para a cidadanía; ou a colocación de mesas e cadeiras naquelas vías cuxa anchura o posibilite.

Tamén se valorará a utilización para a colocación de terrazas dalgunhas áreas de aparcamento e analizarase a posibilidade de situalas en prazas amplas, como as de Augas Férreas, Bretaña ou o Camiño Primitivo.

As medidas adoptadas, aclarou a alcaldesa, serán provisionais e terán unha duración de tres meses. En todo caso, de ser necesario, precisou, a súa duración podería estenderse.

Tamén informou de que, durante ese tempo, os locais quedarán exentos da taxa por ocupación da vía pública.

ROLDA DA MURALLA

O tráfico da Rolda da Muralla, restrinxido a un só carril para facilitar os paseos | ALX

Por outra banda, desde este venres xa queda aberto aos peóns un carril da Rolda da Muralla, unha medida que tomou o Concello para facilitar os paseos e garantir as distancias de seguridade.

Así e todo, o tenente de alcalde e responsable de Mobilidade, Rubén Arroxo, lembroulle á cidadanía que “Lugo conta con moitos espazos verdes, parroquias e barrios dos que se pode desfrutar e evitar as aglomeracións do centro”.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...