InicioSociedadeO Polusa é o único hospital galego con cero casos de COVID-19...

O Polusa é o único hospital galego con cero casos de COVID-19 durante toda a pandemia

O xerente deste centro privado informa de que os 27 traballadores e 35 residentes da Unidade do Maior deron negativo nas probas PCR. Asegura, aínda así, que están preparados por se aparecese algún positivo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O hospital privado Polusa, en Lugo, informou este xoves de que “é o único centro hospitalario, tanto público como privado de Galicia”, no que non se rexistrou ningún caso de COVID-19 desde “o inicio da crise sanitaria”.

A dirección do hospital lucense aclara que “o centro acaba de confirmar esta semana os resultados negativos en infección por coronavirus” tras someter a probas PCR aos seus 27 traballadores e aos 35 residentes na Unidade do Maior, dedicada a hospitalizacións “de media e longa estancia” para persoas maiores “con patoloxías crónicas”.

“A día de hoxe, podemos dicir que non tivemos ningún caso de coronavirus, aínda que somos conscientes de que en calquera momento podemos ter que atender a persoas co virus, e estamos preparados para iso“, dixo o xerente de Polusa, Javier Atanes.

Ao seu xuízo, o feito de que non se detectaran resultados positivos de COVID-19 cobra “máis relevancia” polo feito de que en Polusa hai unha unidade de hospitalización na que residen 35 pacientes maiores, todos eles con patoloxías previas e diferentes graos de dependencia. “E nesta pandemia as persoas máis vulnerables e as de maior risco fronte ao virus son os maiores”, lembrou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...