InicioSucesosInterceptan en tan só 25 minutos dous condutores sen carné

Interceptan en tan só 25 minutos dous condutores sen carné

A Garda Civil continúa con controis na estrada. Un dos identificados tamén incumpría o estado de alarma, pois confesou que "ía á casa dun amigo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil interceptaron nun intervalo de 25 minutos a dous condutores que circulaban nos seus respectivos coches sen ter en vigor o permiso de conducir. Foron cachados nun control de estrada instalado á altura do quilómetro 89 da estrada N-640, á altura da Campiña (Lugo).

Sucedeu o pasado venres, día 1 de maio, sobre as 13:15 horas, cando os axentes que participaban nese control de estrada lle deron o alto a un vehículo, a cuxo volante ía un home de 55 anos de idade que carecía de permiso de conducir en vigor, dado que perdera todos os puntos por infraccións previas.

Uns 25 minutos máis tarde, os axentes identificaron o condutor doutro turismo, un mozo de 20 anos de idade, que carecía de permiso de conducir, no seu caso porque nunca chegara a sacalo.

No primeiro caso, o condutor non foi sancionado por incumprir o estado de alarma, dado que ía comprar gasóleo para os seus apeiros agrícolas, pero o segundo se foi proposto para unha multa, dado que confesou que ía “a casa dun amigo”. Ambos foron imputados como investigados por cadanseu delito contra a seguridade viaria. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...