InicioSociedadeEstas son as actividades permitidas na fase 0 da desescalada

Estas son as actividades permitidas na fase 0 da desescalada

Este luns 4 de maio arrinca a primeira etapa do desconfinamento, na que se inclúen medidas para unha paulatina apertura dos comercios pequenos, as barberías ou para o deporte profesional.

PUBLICADA O

EFE | España arrinca este luns a fase 0 da desescalada, na que se introducirán medidas de relaxación do confinamento, tanto das actividades económicas como persoais, que van dende a apertura de barberías e pequenos comercios ata os adestramentos de deportistas profesionais. Todo o Estado empeza o camiño do desconfinamiento na fase 0 salvo as illas da Gomera, Hierro, La Graciosa e Formentera, onde o estado da pandemia permitiu que sexan a avanzada da fase 1.
Ás primeiras medidas de alivio —as saídas de nenos primeiro e a práctica deportiva individual, os paseos de adultos e o acceso aos hortos despois— súmanse na fase 0 ou de “preparación da desescalada” outras como son a apertura de barberías, restaurantes que vendan comida para levar ou  pequenos comercios (con cita previa).  A continuación detállanse todas as actividades permitidas nesta fase 0, que entrou en vigor ás 0.00 horas do luns 4 de maio:

PASEOS

Paseos: todos os cidadáns —salvo aqueles que estean en corentena ou teñan síntomas de coronavirus— poden saír desde o sábado para camiñar unha vez ao día a unha distancia máxima de 1 quilómetro do domicilio.

DEPORTE INDIVIDUAL, PROFESIONAL E FEDERADO

-Deporte individual: de 6 a 10 e de 20 a 23 horas no termo municipal no que se resida. Tanto os paseos como as saídas para facer deporte nas localidades de menos de 5.000 habitantes poderán facerse sen atender a franxas horarias, iso si, entre as 6 e as 23 horas.
-Os deportistas profesionais poderán facer adestramentos individuais ao aire libre e dentro da súa provincia. Aqueles que practiquen modalidades de deporte adaptado ou de carácter paralímpico, poderán contar co acompañamento doutro deportista para realizar a súa actividade deportiva. En ambos os casos poderá estar presente un adestrador que non poderá achegarse a menos de dous metros e terá que levar máscara. Cando o deporte implique a utilización de bicicletas ou patíns, a distancia de seguridade será de dez metros.
Pola súa banda, os deportistas federados poderán realizar adestramentos de forma individual, ao aire libre, dúas veces ao día entre as 6.00 e as 10.00 horas e entre as 20.00 horas e as 23.00 horas, sempre dentro do seu termo municipal e sen adestradores.

HORTOS

-Atención de hortos familiares, de autoconsumo ou municipais sempre que estean no mesmo termo municipal do domicilio ou nun adxacente ao mesmo.

COMERCIOS E COMIDA A DOMICILIO

-Apertura de restaurantes e cafeterías que poidan servir pedidos para levar: estes deberán realizarse por teléfono ou por internet.
Apertura de comercios de ata 400 metros cadrados con cita previa para a atención individual de clientes (un empregado por cliente). Esixirase manter a distancia mínima de dous metros. Os establecementos deberán desinfectarse dúas veces ao día e deberán ter dispensadores de xel hidroalcólico. Establecerase un horario de atención ou un corredor preferente para persoas maiores de 65 anos. Por norma, as compras deberán facerse no mesmo municipio no que se reside, aínda que se permitirá o traslado entre localidades pequenas —non teñen por que ser lindeiras— no caso de que non se poidan atopar determinados produtos.

BARBERÍA, ESTÉTICA E FISIOTERAPIA

-As barberías poderán abrir a condición de que poidan concertar citas previas. Os profesionais de fisioterapia, de centros de estética e de barbería terán que levar equipos de protección individual e garantir a distancia mínima de dous metros entre clientes.

ARQUIVOS

-Abriranse os arquivos, que prestarán os seus servizos preferentemente por vía telemática, agora ben, cando sexa absolutamente imprescindible os cidadáns poderán solicitar a consulta presencial de ata dez documentos.
-Nesta fase será obrigatorio o uso de máscara en transporte público (autobús, ferrocarril, metro, marítimo, aéreo e taxi) e recomendable en todo tipo de actividades fóra do fogar.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández, novo alcalde de Lugo

Miguel Fernández converteuse este martes no novo alcalde de Lugo, o terceiro en dous anos,...

Detidos dous veciños de Lugo por supostas agresións ás súas respectivas nais

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a dous veciños da cidade, como supostos...

Lugo prepárase para a elección do seu terceiro alcalde nesta lexislatura, Miguel Fernández

O Goberno municipal de Lugo prepárase para empezar unha nova etapa este martes, a partir...

Lugo despide a Paula Alvarellos cunha misa na Catedral con centos de asistentes

A Catedral de Lugo acolleu este luns, ás 12.00 horas, unha misa de homenaxe...