InicioSociedadeAlivio nos hospitais de Lugo: só catro positivos nas Uci e oito...

Alivio nos hospitais de Lugo: só catro positivos nas Uci e oito en planta

Tras o cambio no protocolo de datos da Xunta, os casos activos na provincia sitúanse en 241, tres menos ca o pasado mércores. Baixan as hospitalizacións, pero sobe o número de enfermos atendidos a domicilio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 30 de abril un total de 241 casos activos por coronavirus, tres menos ca no día de onte. A última actualización de datos ofrecida pola Consellería de Sanidade amosa unha redución importante no número de pacientes con coronavirus ingresados nos hospitais da provincia: catro nas Unidades de Coidados Intensivos e oito en planta.

As Uci teñen hoxe tres doentes menos, ata situarse en tan só catro. Dous deles permanecen na Uci do Hospital Público da Mariña e os outros dous están a ser atendidos na do HULA. Este dato vén acompañado da diminución de hospitalizacións en planta, onde só oito persoas continúan ingresadas (catorce menos ca onte e todas elas en centros da capital luguesa).

Por outra banda, Sanidade informa de 229 persoas con positivo en coronavirus baixo atención hospitalaria a domicilio (+14).Así mesmo, notifícanse 583 curacións (+11 respecto de onte). As vítimas mortais da pandemia mantéñense en 26.

CAMBIOS NO RECONTO

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia cambiou onte o protocolo de información sobre a pandemia. Agora inclúe todas as altas epidemiolóxicas e non só as hospitalarias; é dicir, considera “pacientes curados” a aqueles en domicilio que conten con PCR negativa ou que leven “tempo” asintomáticos para considerar “clinicamente” que superaron a doenza. Iso inflúe, polo tanto, no significativo descenso dos positivos documentados, que pasaron de 675 o martes a 244 no día de onte.

GALICIA

Tamén no conxunto da comunidade galega se percibiu unha baixada importante na presión das Unidades de Coidados Intensivos, que pasaron de 73 a 47 nun día.  Tralo cambio no reconto da Xunta, os casos activos por COVID-19 sitúanse nos 3.486 (-40) e as altas ascenden ata as 5.573 (+180). Despois de que onte non se rexistrara ningunha morte relacionada co virus en Galicia, hoxe os falecementos volven ascender ata os 551 tras o pasamento de catro persoas.

ÚLTIMAS

Desarticulan un grupo criminal que roubaba gando en toda a provincia de Lugo

A Garda Civil detivo ao catro integrantes dun grupo criminal especializado no roubo de...

Un coche queda encaixado contra un local en Lugo, o condutor dá positivo en alcoholemia

Un accidente na rúa Xulia Minguillón de Lugo saldouse na madrugada deste venres cunha...

Trasladada en ambulancia unha muller agredida en Lugo por outras catro na vía pública

Unha moza sufriu unha agresión na vía pública en Lugo, tras a cal foi...

Deteñen a unha muller acusada de arremeter contra axentes tras negarse a someterse a unha proba de alcolehemia

A muller detida en Lugo por negarse a someterse a unha proba de alcolemia...