InicioSociedadeUn cambio no protocolo de reconto revela 572 persoas curadas de COVID19...

Un cambio no protocolo de reconto revela 572 persoas curadas de COVID19 en Lugo e só 244 casos activos

Ata o día de hoxe, o Sergas só tiña en conta as altas hospitalarias, pero agora pasa a incluír tamén as recuperacións das persoas que estaban a ser atendidas nos seus domicilios. Esta alteración nos datos oficiais -que a Xunta atribúe ao Goberno- bota por terra en certo modo a evolución concreta da que se viña informando dende o inicio da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade neste mércores 29 de abril pegan un chimpo respecto dos dos últimos días por mor dun cambio de protocolo no reconto de casos activos. Para a área sanitaria de Lugo, Sanidade informa dun total de 244 positivos activos cun histórico de 572 altas, mentres que onte se contabilizaban 675 casos con 133 altas documentadas.

Isto débese a que o Sergas só tiña en conta, ata o momento, as altas hospitalarias. Agora,  en base a un protocolo establecido polo Ministerio de Sanidade, incorpora tamén as altas epidemiolóxicas, que inclúen as daqueles pacientes atendidos nas súas casas que  deran negativo nunha nova proba PCR ou ben que “xa non presenten sintomatoloxía transcorrido un tempo”. Así o explica o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, para referirse ao novo reconto de “pacientes curados”.

MENOS PERSOAS INGRESADAS

O que si que se mantén é a tendencia a unha menor carga hospitalaria.sete pacientes permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos (dous na da Mariña e outros cinco na do HULA), mentres que o número de hospitalizacións en planta mingua en tres ata situarse nas 22 pacientes ingresadas. Todas elas están a ser atendidas no HULA ou no Hospital da Virxe dos Ollos Grandes, mentres que o Hospital Público da Mariña e o Comarcal de Monforte seguen con cero hospitalizados en planta por COVID-19.

Segundo os datos de Sanidade, agora habería 215 persoas con positivo en coronavirus que están a recibir atención hospitalaria a domicilio. Ao incorporaren todas as altas epideomiolóxicas no reconto, o Sergas contabiliza un total de 572 persoas recuperadas dende o inicio da pandemia.

En canto aos falecementos, mantéñense en 26, sen ningunha morte rexistrada en Lugo dende hai algo máis dunha semana.

GALICIA

Tamén na comunidade galega se dá unha alteración importante do total de casos activos pola razón explicada anteriormente. Agora os pacientes curados dispáranse ata os 5.393, mentres que os positivos se sitúan nos 3.526. A Consellería contabiliza 547 vítimas mortais pola pandemia.

ÚLTIMAS

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...